Inicio Áreas Deporte Novas O II Torneo de Xadrez Activo...

A segunda proba do II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Deputación da Coruña disputarase no Mercado Municipal

O II Torneo de Xadrez Activo Fundación Luis Calvo reúne este sábado en Carballo a un centenar de xogadores

Venres 9 de xuño do 2017

Este sábado 10 de xuño dispútase no Mercado Municipal, desde as 16 horas, o II Torneo de Xadrez Activo de Carballo, patrocinado pola Fundación Luis Calvo e organizado polo Club Xadrez O Toque Xiria local e o Club Xadrez Arteixo. Será a segunda cita do II Circuito Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña, que programa, ata o outubro, doce campionatos por toda a comarca.

O torneo xogarase a 8 rondas, con partidas de 10 minutos e 3 segundos de incremento, repartirá 800 euros en premios e será válido para obter ELO Internacional de rápidas. A organización agarda que un bo número de xogadores locais de de toda a zona poidan acadar a referida puntuación internacional logo nun tipo de competición que había xa anos que non se disputaba en Carballo.

Á cita agárdase que acudan máis de 100 participantes de todas as idades. Xa confirmaron a súa participación o Gran Mestre serbio Aleksa Strikovic e tres Mestres Internacionais. Entre os ata o de agora inscritos hai xogadores de Madrid, Ponferrada, Ourense, Vigo, Tui, Pontevedra, Sanxenxo, Padrón, Lugo, Ferrol, Santiago, Betanzos, A Coruña, Arteixo, A Laracha, Cerceda, Val do Dubra, Coristanco, Muxía, Malpica, Mazaricos, Cee, Vimianzo e Zas.

Compartir: