Presentación
O Conservatorio Profesional de Música de Carballo, con sede no Pazo da Cultura, é de titularidade municipal e conta coa correspondente autorización por parte da Xunta de Galicia. O sistema de ensino réxese pola Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio (BOE núm. 106 do 4 de maio de 2006), así como polas distintas directrices e normativas complementarias en materia de educación en ensinos artísticos establecidos por parte da Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria.
No CMUS impártense as materias comúns para os graos elemental e profesional das disciplinas de piano, guitarra, violín, viola, violoncello, contrabaixo, gaita galega, saxofón, clarinete, óboe, frauta traveseira, trombón, tuba, bombardino, trompeta, fiscorno, fagot, percusión e acordeón.
Ao longo do curso o conservatorio organiza diferentes actividades didácticas e concertos abertos ao público, ademais de ofrecer ao seu alumnado a posibilidade de formar parte da Banda Municipal de Música de Carballo, a Orquestra de Corda ou da Banda de Gaitas Municipal.