Uxía e Narf actúan no Verán Cultural amosando as súas Baladas da Galiza imaxinaria
Venres 12 de agosto do 2016 Praza do Concello - 22.30 h.
Uxía e Narf
Uxía, unha das voces máis importantes da música en Galicia, e Narf, compositor e cantor cunha longa traxectoria musical, únense para crear o seu primeiro traballo discográfico conxunto:Baladas da Galiza Imaxinaria. Un disco que nace do talento e da sensibilidade destes dous grandes músicos que en cada balada deixan a alma e as ventás dos corazóns inquedos e emocionados. Tal como describe o músico Santiago Auserón , “Uxía e Narf converten ao ser galego en ámbito de alcance universal, do que nos invitan a facernos partícipes a través da sensibilidade musical máis próxima e refinada”.
A cita, na Praza do Concello a partir das 22.30 h., conta coa colaboración da Deputación da Coruña.