Inicio Áreas Cultura Axenda Visitas guiadas ao KUKUmóbil da...

Visitas guiadas ao KUKUmóbil da artista alemá Andrea Milde

Do venres 5 de xullo ata o xoves 25 de xullo do 2024 Mercado municipal

Andrea Milde, cun dos seus tapices pictóricos

Andrea Milde, cun dos seus tapices pictóricos

A artista alemá de tapices pictóricos Andrea Milde trae a Carballo o seu taller téxtil ambulante. Con este obradoiro aberto ao público, ao que denomina KUKUmobil, percorrerá Europa ata chegar ao Mar Negro, unha viaxe de varios anos realizando diferentes paradas tecendo fragmentos dun tapiz de gran tamaño, buscando unha metáfora do que é Europa.

Durante a súa estadía en Carballo está a desenvolver numerosas actividades, entre elas os talleres de tapices pictóricos para nenos/as e adultos/as que se desenvolven esta semana, coas prazas completas, ou a exposición que pode verse nos baixos do mercado municipal. E ademais organiza dúas visitas guiadas nas que explicará o seu proxecto e a súa obra, e que se realizarán o venres 19 de 18.00 a 20.00 horas, e o sábado 20 de 11.00 a 13.00 horas.

O 6 de abril chegou de Berlín a Fisterra, punto de arranque desta viaxe-proxecto. Aí onde todos rematan o camiño comezou o do KUKUmobil, e desde o 5 ata o 25 de xullo estará instalada no tear residencia na rúa Jacinto Amigo de Carballo, o seu segundo destino, desde o que dará visibilidade a unha das técnicas artísticas máis antigas da humanidade e reivindicará a conservación deste ben cultural. Un lugar para coñecer esta técnica e entablar coñecementos mutuos onde se poderá visualizar o tear de alto lizo, peza central e a súa ferramenta de traballo, así como outros dos seus tapices.

No exterior do KUKUmobil haberá un bastidor aberto ao público para que todo o que se acerque poida probar esta técnica de tapiz pictórico. Nas vindeiras semanas, a Concellaría de Cultura convocará unha serie de atividades para coñecer máis sobre o traballo desta artista. Andrea Milde aprendeu o oficio en Aubsson, Francia. Dende hai 40 anos dedíase á creación de tapices pictóricos, a impartir cursos e a divulgar este oficio e arte. Ademais realizou numerosas exposicións.

Compartir: