Inicio Áreas Cultura Axenda Xogos, música, sardiñada,...

Xogos, música, sardiñada, foliada e moito máis no Albaroque!

Do venres 7 de xuño ata o sábado 8 de xuño do 2024 Verdillo

A Fonte da Chavella foi o escenario da presentación do 42 Albaroque de Verdillo, a tradicional festa de clausura das actividades das asociacións cultural e xuvenil Arume, que permiten facer balance do curso e reunir á veciñanza arredor dunha gran festa. 

O venres 7 haberá xogos populares para os nenos a partir das 18.00 horas, á espera do día grande, o sábado 8. A partir das 11.45 horas, exhibicións das escolas de baile e música, para continuar coa música do coro Aires de Bergantiños, sesión vermú con O tren da unha e xantar a partir das 14.30 horas, cunha sardiñada popular.

Despois de comer, ás 17.00 horas, terá lugar o tradicional Albaroquiño, máis dirixido aos máis pequenos, con Brais das Hortas e Peter Punk e o seu espectáculo Concerto Punkinfantil.

A continuación haberá exhibición de ximnasia rítmica e bailes latinos, cantos de taberna de Arume e a festa rematará coa segunda edición do Son Pineiro, no que actuarán a charanga Trébede e Os Viqueiras de Ordes, nunha noite que promete moita festa e diversión.

Ligazóns

Compartir: