Inicio Áreas Cultura Axenda Primavera enDanza comeza co...

Primavera enDanza comeza co "Vaivén" de Macia Vázquez

Venres 12 de abril do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura

Todas as almas son náufragas.

Tras a tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade, e a area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva as subir a marea?

Un paseo polas lembranzas de todo o que rodea á mar en Galicia: a dureza do traballo, a paisaxe, o Prestige, a personalidade de vivir ao carón da costa. Movemento, videocreación e son que nos mergulla nas ondas e nos conecta co océano interior das emocións.

A creadora e bailarina Marcia Vázquez iniciou o seu traballo dentro da danza urbana, decantándose logo pola danza contemporánea. Este é o seu primeiro espectáculo para sala e nel conflúe unha investigación sobre as ondas e as frecuencias, sobre a identidade individual e colectiva ou os ciclos emocionais.

Dirección e interpretación: Marcia Vázquez
Deseño de iluminación: Violeta Martínez e Nacho Rivas
Deseño sonoro: Acacia Ojea
Videoproxección: Marta ValverdeDuración: 50 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 5 € / 3 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: