Inicio Áreas Cultura Axenda "Helen Keller, a muller...

"Helen Keller, a muller marabilla?", con Chévere Teatro

Venres 8 de marzo do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura

Helen Keller converteuse nunha celebridade mundial, por ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard. Esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. Pero, ao investigar, descóbrese que ten outras facetas desconcertantes. Por que se oculta parte da súa vida? Por que queren eliminala da historia? Porque unha muller con discapacidade non se pode converter nunha líder anticapitalista?

Esta coprodución de Chévere co Centro Dramático Nacional continúa a súa liña de traballo de cuestionamento das narrativas oficiais e o teatro documento, aínda que se afasta das historias máis ou menos locais e da mirada xeracional. É un proxecto sobre a posibilidade de rebeldía e disidencia no noso mundo e tamén é un traballo que cuestiona a incomunicación entre persoas oíntes e non oíntes, integrando na mesma obra a lingua falada e a de signos.

Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez , Ángela Ibáñez. Espazo sonoro: Xacobe Martínez. Iluminación: Fidel Vázquez. Espazo audiovisual: Lucía Estévez. Son: Xurxo Pinheiro. Dramaturxia e dirección: Xron

Duración: 85 min | Público: Adulto | Entrada: 7 € / 4 €
Deputación da Coruña

Ligazóns

Compartir: