"Crisálida", un espectáculo de Caramuxo Teatro

Mércores 27 de decembro do 2023 18.00 horas - Pazo da Cultura

Os irmáns Seoane (Nieves e Fernando) correteaban alá polo 1942 pola mercería A Crisálida, recentemente traspasada a súa nai. A mercería xa era, por aquel entón, unha das máis destacadas do comercio coruñés. No 2016, por obras de rehabilitación do edificio onde se situaba o comercio, A Crisálida tivo que trasladarse a un próximo baixo da mesma rúa...

Crisálida é o espectáculo número 25 da compañía Caramuxo Teatro, co que celebra 20 anos de traxectoria e co que pretende facer unha homemanxe homenaxe a esas persoas que crean comunidade, que fan que as nosas cidades teñan vida e sexan ricas en historias.

Duración: 50 minutos
Público: nenos e nenas a partir de 6 anos
Prezo: 4€ ordinario / 3€ reducido
Organiza Concellaría de Cultura / Colabora Deputación da Coruña

Venda de entradas:

  • Na billeteira electrónica de www.carballo.gal a partir do luns 11 (máximo 4)
  • Na billeteira do Pazo da Cultura o mesmo día da función desde 90 minutos antes do inicio da función

Compartir: