Chévere lembra a catástrofe do Prestige en "N.E.V.E.R.M.O.R.E"

Venres 17 de marzo do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura

Prestige é o argumento de N.E.V.E.R.M.O.R.E., a proposta teatral do grupo Chévere, en coprodución co Centro Dramático Nacional, que poderemos ver o venres no Pazo da Cultura.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. colle o seu título do grito do corvo do poema de Edgar Allan Poe (en alusión á plataforma Nunca Máis) para presentarnos un exercicio de memoria colectiva arredor da catástrofe do Prestige, abordada desde diferentes vertentes: a través dos testemuños reais de quen o viviu de preto e tamén reproducindo conversas e declaración dos implicados na xestión daquela crise ambiental e política.

Chévere parte da memoria colectiva para contar a historia do Prestige e desfacer o feitizo que segue rodeando a catástrofe, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá do que aconteceu.

  • N.E.V.E.R.M.O.R.E
  • Venres 17 de marzo
  • 21.00 horas
  • Pazo da Cultura
  • Entradas: 5 € / 3,5 €. Venda anticipada en www.ataquilla.com

Compartir: