Inicio Áreas Cultura Axenda Talía Teatro representa...

Talía Teatro representa "Unha inimiga do pobo"

Venres 10 de marzo do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura

Talía Teatro representa Unha inimiga do pobo. Helena é unha doutora de prestixio que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada, afronta o seu novo proxecto co balneario que ela mesma deseñou. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte a intereses económicos, poñerana no punto de mira dos seus veciños. Unha obra inmortal de Henrik Ibsen, sobre a corrupción do poder e a manipulación da opinión pública.

Intérpretes: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala
Escenografía: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Iluminación : Laura Iturralde
Música orixinal: Manu Abraldes
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Dirección: Tito Asorey
Duración: 90 min / Público: adulto
Prezo da entrada: 5 € / 3,5 € Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: