Inicio Áreas Cultura Axenda Proxección do documental...

Proxección do documental "Semente de berrar"

Xoves 24 de novembro do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Semente de berrar é un documental que revisa 40 anos de punk en Galicia. As tres ideas que bailan no proxecto, como explica o seu director, Iago Santás, son os 40 anos que hai que se produciu o nacemento do que se coñeceu como a "movida viguesa"; Galiza, porque é aí onde o queremos enmarcar, en grupos que son nosos; e, en terceiro lugar, reunir os sons que eran algo máis da rúa, nomeadamente o punk pero calquera subxénero que puidera nacer del. É dicir, dar unha vertente cronolóxica, unha vertente de país e unha vertente artística.

Biblioteca Rego da Balsa.
Entrada libre ata completar aforo.

Compartir: