Inicio Áreas Cultura Axenda "Malencolía", un novo...

"Malencolía", un novo título para o Ciclo Mestre Mateo

Xoves 10 de novembro do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Volve a Carballo o Ciclo Mestre Mateo coa película Malencolía, que poderá verse o xoves 10 de novembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa.

SINOPSE
Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada. Chegados áaldea descobren con sorpresa que teñen unha peculiar veciña chamada Isolina. 

Dirixida por Alfonso Zarauza e producida por Maruxiña Film Company, a película obtivo 11 candidaturas finalistas aos XX Mestre Mateo, resultando premiados polos seus traballos os intérpretes Iolanda Muíños e Diego Anido.

O Ciclo Mestre Mateo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coas Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, así como de varios concellos entre os que figura o de Carballo.

FICHA TÉCNICA

  • Duración: 95’
  • Produtora: Maruxiña Film Company e TVG
  • Dirección: Alfonso Zarauza
  • Dirección de arte: Elia Robles
  • Dirección de fotografía: Alberte Branco (AEC)
  • Dirección de produción: Tamara Soto
  • Guión: Alfonso Zarauza
  • Reparto: Melania Cruz, Xúlio Abonjo, Iolanda Muiños, Diego Anido, Ledicia Sola, Ricardo de Barreiro, Marta Lado, X.A. Touriñán, Tito Asorey, Déborah Vukusic
  • Maquillaxe e perruquería: Raquel Fidalgo, Patricia Vilela
  • Montaxe: Fernando Alfonsín 
  • Son: Javier Pato, David Machado
  • Vestiario: Renata Uzal

Compartir: