Inicio Áreas Cultura Axenda Exposición pictórica...

Exposición pictórica “Atlánticas. Mulleres do nordés"

Venres 7 de outubro do 2022 19.30 horas - Espiral Maior Foro

O venres, día 7, e despois do éxito obtido en exposicións celebradas en Santiago de Compostela (Claustro do Colexio Fonseca) e en Lugo (espazo do Vello Cárcere), inaugurarase na Galería de Arte de Espiral Maior Foro, ás 19:30 h., a exposición pictórica Atlánticas. Mulleres do nordés, da artista muxiá Viki Rivadulla, que presentará ao público máis de 14 obras da serie Atlánticas xunto con outras ofertas e formatos.

 No acto inaugural participarán, ademais da artista, o escritor e poeta pontecesán Miguel Mato Fondo e a poeta coruñesa Laura Pasandín.

Compartir: