Entrega de premios do Concurso de Cartel e Programa de Nadal
Sábado 18 de decembro do 2021 18.00 horas - Pazo da Cultura
O 18 de decembro, nun acto aberto ao público que se celebrará no Auditorio do Pazo da Cultura, entregaremos os premios do Concurso de Cartel e Programa de Nadal, convocado pola Concellaría de Cultura.
O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural e que consiste nun agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a Emma Queaires Rey, de 5 anos e alumna do CEIP Plurilingüe A Cristina. Tal como establecen as bases, o centro escolar ao que pertenza o/a gañador/a deste galardón recibirá tamén 150 euros en material didáctico. Este ano, polo tanto, o premio é para o CEIP A Cristina.
O segundo premio, valorado en 100 euros, é para Olivia Lema Canedo, de 8 anos e alumna do CEIP Bergantiños. O seu debuxo ilustrará a postal co programa do Nadal Cultural.
Así mesmo, o xurado acordou conceder os seguintes accésits, por un valor aproximado de 60 euros:
- Noa Suárez García, 11 anos do CEIP Fogar
- Marta Pérez Varela, 3 anos, do CEIP Gándara-Sofán
- Julia Sabrina Borja Sánchez, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
- Breixo Domínguez Cambre, 8 anos, do CEIP Gándara-Sofán
- Roi Villar García, 8 anos, do CEIP Bergantiños