O XiriaPop estrea escenario pero ofrece a mesma calidade musical de sempre
Do venres 11 de setembro ata o sábado 12 de setembro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura
O XiriaPop, que leva 23 anos apostando pola boa música, regresa a Carballo esta fin de semana. Pero, como todos os eventos que se están a celebrar, o Xiria Pop ofrecerá unha nova versión, adaptada á situación sanitaria e ás restricións que estamos a vivir, e ademais nun novo espazo: o Pazo da Cultura.
O que non varía é a calidade da proposta musical:
VENRES 11
- BIRDS ARE INDIE (Coimbra)
- STAR TRIP (Valencia)
- GARBAYO (Sierra de Gredos)
SÁBADO 12
- OSCAR AVENDAÑO (Vigo)
- PERALTA (Asturias)
- AITOR OCHOA & MAD MULE (Santander)
Prezo: 10 euros/día - 15 euros/abono para os dous días
Apertura de portas: 20.30 horas