Cantos de Nadal e entrega de premios do Concurso de Cartel e Postal
Sábado 14 de decembro do 2019 18.00 horas - Pazo da Cultura
O Concello de Carballo, en colaboración coas agrupacións musicais de Carballo, convídate a unha nova edición do festival de Cantos de Nadal, no que actuarán os coros O Candil e Vagalume. No acto tamén se realizará a entrega de premios do Concurso de Cartel e Postal de Nadal, patrocinado por Todo Lar.
Os nenos e nenas premiadas son as seguintes:
- Mía Cancela Viña, de 7 anos do Cra Ponte da Pedra-Escola de Verdillo. 1º premio. Cartel de Nadal, que se distribuirá polas rúas e os comercios de Carballo.
- Alba Eirín Castillo, 11 anos do CEIP Gándara Sofán. 2º premio, Postal de Nadal, que se utilizará para felicitar as festas dende o Concello e como portada do programa Nadal Cultural.
- Nagore Calvelo Espasandín, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero. Accésit.
- Rafael Abelenda García, 8 anos, do Colexio Artai. Accésit.
- Lucía Bermúdez Chouciño, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero. Accésit.
- Jorge Lago Pérez, 6 anos, do CEIP Bergantiños. Accésit.
- Lucía Vázquez Mato, 11 anos, do Colexio Artai. Accésit.