As "Historias de Inverno" de Senda Nova recollidas no documental "Buenosdíastengausté"
Venres 17 de maio do 2019 20:00 horas - Espazo da Natureza de Oza
O día no que se conmemoran as Letras Galegas, a asociación ambiental Senda Nova estreará o documental "Buenosdíastengausté", elaborado pola propia entidade, co apoio e a colaboración da Deputación da Coruña, e editado e postproducido por Illa Bufarda.
Este novo traballo recolle os 21 faladoiros levados a cabo noutras tantas parrqouias das comarcas de Bergantiños e Soneira, dentro da programación das Historias de Inverno organizadas pola agrupación. No audiovisual participan arredor de 60 falantes que, a través das súas propias vivencias, nos achegarán á escola de mediados de século XX. Un reencontro cos nosos maiores e cos auténticos protagonistas da nosa historia.
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: AA Senda Nova
Colabora: Concello de Carballo