A web oficial do concello de Carballo

Unha unidade móbil da ITV de turismos estará en Carballo durante todo o mes de agosto

Unha unidade móbil da ITV de turismos estará en Carballo durante todo o mes de agosto. O equipo da inspección técnica de vehículos estará situado no polígono industrial de Bértoa, fronte á nave de servizos agrícolas Pose, de luns a venres, de 08.00 a 14.30 horas, desde o 1 ata o 29 do mes que vén. As persoas interesadas xa poden pedir cita a través da páxina web da empresa concesionaria do servizo en Galicia, Supervisión y Control, ou do teléfono 981 928 080.

Esta campaña extraordinaria da ITV, na que colabora o Concello de Carballo, complementarase coas visitas periódicas que realizan todos os anos as unidades móbiles de turismos, vehículos agrícolas e ciclomotores. Estas son as datas previstas para o segundo semestre do ano:

  • Turismos. Polígono industrial de Bértoa, do 9 ao 16 de setembro (agás fin de semana). Horario de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. O día 16 só pola mañá.
  • Vehículos agrícolas. Polígono industrial de Bértoa, do 1 ao 8 de setembro (agás fin de semana). Horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00. Os días 5 e 8 só pola mañá.
  • Ciclomotores. Praza do Concello, o 15 de outubro en horario de 09.00 a 13.30.