Hoxe tomaron posesión dos seus cargos un total de 22 traballadores e traballadoras municipais tras rematar os procesos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público (OEP) 2022 Extraordinaria ou de Estabilización. Os nomeamentos corresponden aos seguintes postos:
- Oficial de mantemento de instalacións deportivas
- Monitores/as socorristas (8)
- Coordinador de actividades acuáticas
- Operario
- Oficial de mantemento de colexios
- Oficial tractorista
- Monitoras culturais (3)
- Técnica auxiliar de patrimonio
- Delineante
- Técnica de aperturas da Oficina Técnica Municipal
- Coordinador de instalacións deportivas
- Técnico de deportes
- Arquitecta
O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Persoal, Belén Lendoiro, asistiron ao acto xunto co secretario municipal, Miguel Piñeiro. Tamén se achegaron ata o salón de plenos compañeiros e compañeiras do persoal nomeado.