A web oficial do concello de Carballo

Renovación do equipamento das salas fitness Carballo Calero e Vila de Noia

Con motivo da renovación de todo o equipamento, as salas fitness Carballo Calero e Vila de Noia permanecerán pechadas ao público mentras duren os traballos de retirada e colocación do novo subministro. As datas de peche previstas son as seguintes:

  • Carballo Calero: do sábado 11 ao martes 14 de xaneiro
  • Vila de Noia: mércores 15 de xaneiro

Desculpen as molestias.