A web oficial do concello de Carballo

Razo

8,58 Km2

819 habitantes (2024)

Centro social de Razo

Nétoma, s/n
15107 - Carballo

Razo é, sen lugar a dúbidas, a parroquia máis turística de Carballo. O seu litoral é non só un concorrido areal, dotado de todos os servizos, senón tamén unha paraxe de grande importancia natural e xeolóxica. Está recoñecido como espazo natural protexido, integrado en Rede Natura, e nel poderás atopar toda unha curiosidade xeolóxica: os restos dunha praia fósil, formada no cuaternario.

O areal esténdese até máis aló de Baldaio, e pode enorgullecerse de ser un dos máis amplos de Galicia. Nel practícanse deportes como o surf, o parapente, o voleipraia ou a pesca submarina.

En Razo comeza un dos accidentes xeolóxicos máis importantes de Galicia, a Depresión Meridiana, importante fondeira que cruza Galicia de norte a sur, até Tui.

Novas relacionadas coa parroquia