O Conservatorio Municipal de Música de Carballo (CMUS) pon en marcha o proceso de admisión para o vindeiro curso, no que convidamos a nenos e nenas a descubrir os beneficios da formación musical a través dos programas de Iniciación Musical e Grao Elemental.
O centro ofrece dúas vías principais de acceso dependendo da idade e obxectivos do alumnado:
- Iniciación Musical: un programa deseñado para aprender música xogando, dirixido especificamente a nenos e nenas nados nos anos 2019 e 2020.
- 1º de Grao Elemental: para aqueles/as que desexen comezar a tocar un instrumento.
O calendario de acceso e matrícula para cada modalidade é o seguinte:
Para 1º de Grao Elemental:
- Matrícula: Do 18 ao 31 de maio.
- Xornada de portas abertas: 15 de xuño a partir das 17:00h.
- Proba de acceso: 16 de xuño ás 17:00h.
Para Iniciación Musical:
- Xornada de presentación: 28 de maio ás 18:00h.
- Matrícula aberta: Do 1 ao 12 de xullo.
Por que estudar música?
Desde o CMUS Carballo destacan que a práctica musical non só é unha actividade artística, senón que aporta beneficios fundamentais para o crecemento:
- Mellora a memoria, a atención e a concentración.
- Estimula a creatividade e a imaxinación.
- Axuda ao desenvolvemento integral e á intelixencia, e mellora a habilidade para resolver problemas matemáticos.
- Fomenta a socialización e a adquisición de disciplina e rutinas.
Infórmate no CMUS Carballo!