A web oficial do concello de Carballo

O Concello de Carballo colabora coa xunta local da AECC na campaña estival de prevención do cancro de pel

O Concello de Carballo colabora coa xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na campaña de prevención do cancro de pel que se leva a cabo durante o verán coa finalidade de inculcar na poboación hábitos saudables de exposición ao sol.

A partir do día 15 de xullo estarán dispoñibles na bibliopraia de Razo folletos con información útil, consellos e recursos de interese, así como postais co lema “Eu quero a miña pel protexida en Carballo”, que inclúen unha imaxe do areal de Razo-Baldaio e os tres consellos fundamentais que pretenden trasladarse con esta campaña:

  • Evita o sol entre as 11.00 e as 17.00 h
  • Cubre a cabeza e a pel con roupa
  • Utiliza crema de protección solar, preferentemente FPS50

Así mesmo, na megafonía das praias poderá escoitarse a animada canción gravada pola AECC para reforzar esas mensaxes e tamén compartimos o vídeo da campaña.