Primeiro.- Aprobar a creación dunha listaxe de agarda para a cobertura temporal de prazas de graduado/a Enfermería UCA (Grupo II), como persoal laboral temporal, nos supostos regulados no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, segundo a proposta elevada polo tribunal selectivo a esta Alcaldía, incluída na acta final e de conformidade ao indicado na base duodécima da convocatoria.
| NÚMERO | APELIDOS | NOME | DNI | OPOSICIÓN |
| 1 | PATIÑO DIAZ | CLAUDIA | *3730 | 10,00 |
Segundo.- Esta listaxe de agarda de persoal laboral temporal terá unha vixencia de tres (3) anos, a computar dende o día seguinte a súa aprobación definitiva, sen prexuízo de que se poidan realizar novas convocatorias antes da finalización da vixencia desta por necesidade de persoal. Así mesmo, a vixencia da listaxe poderá ser prorrogada por acordo da Alcaldía.
Terceiro.- A xestión desta listaxe de agarda de persoal laboral temporal será segundo ao indicado na Instrución vixente, no momento do chamamento da persoa aspirante, sobre o procedemento de creación e xestión de listaxes de agarda para o nomeamento de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal do Concello de Carballo.