Un taller participativo para descubrir a zarzuela desde dentro: coñeceremos as claves deste xénero, xogaremos coa música, as palabras e as rimas e, por grupos, crearemos unha pequena escena cantada propia.
A partir de dinámicas de co-creación, as persoas participantes escollerán os temas, escribirán as estrofas, ensaiarán e descubrirán tamén como a zarzuela serviu historicamente para expresar opinións, facer crítica social e política e mesmo contar a ciencia.
Haberá ademais unha achega á experiencia de CosmoZarza, que utiliza a zarzuela para narrar historias ligadas á investigación científica.
A actividade rematará cunha posta en común e representación final das creacións dos grupos.
Público: nenos/as a partir de 6 anos, e persoas adultas, ata un máximo de 30 prazas en total
Duración aproximada: 3 horas
Inscrición no formulario inferior. Seleccione tantas prazas como persoas vaian asistir.
Esta iniciativa forma parte da programación da Noite Europea das Persoas Investigadoras e desenvólvese en Carballo no marco do proxecto europeo TALK0, financiado pola Unión Europea.
20 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.