A web oficial do concello de Carballo

XXII Festa do Pichorro

29/08/2026
20:00
Centro social de Cances

Ondas Culturais | A Festa do Pichorro de Cances é unha festa tradicional que reparte cada ano pichorros de millo branco tenro da terra, ademais de cachelos, panceta, chourizos, churrasco, costela e postres. A cita comeza ás 20.00 horas con animación musical, e a degustación arrinca ás 21.00 horas con actividades moi especiais, como o Campionato de debullamento de millo co mango do fouciño, que celebra a súa 13ª edición e que sempre resulta moi curioso de ver.

Organiza: Asociación Cultural San Campio de Cances | Colabora: Concello de Carballo

 

Non hai campos definidos para este produto.