A web oficial do concello de Carballo

XXI Festa do Pichorro

30/08/2025
20:00
Centro social de Cances

Verán Cultural | A Festa do Pichorro de Cances é unha festa tradicional que reparte cada ano pichorros de millo branco tenro da terra, ademais de cachelos, panceta, chourizos, churrasco, costela e postres. A partir das oito da tarde animación musical cos Gaiteiros de Cances. Ás 20.30 abrirase a carpa da festa, e desde as 21.00 horas, degustación e tamén actividades moi especiais, como o Campionato de debullamento de millo co mango do fouciño, que celebra a súa 12ª edición e que sempre resulta moi curioso de ver. As actuacións das Cantareiras de Cances e do conxunto musical Mar de Caión pecharán a xornada.

Organiza a Asociación Cultural San Campio de Cances | Colabora o Concello de Carballo

 

Non hai campos definidos para este produto.