O Consello Parroquial de Entrecruces celebra a súa xuntanza anual. A veciñanza presentará as súas propostas e o goberno municipal dará conta das xestións e actuacións realizadas nos últimos doce meses.
A reunión está aberta á participación de toda a veciñanza. Por parte do Concello de Carballo asistirán o alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Participación Veciñal, Ramón Varela, ademais doutros representantes dos tres grupos políticos que integran a corporación municipal.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.