A web oficial do concello de Carballo

Xuntanza do Consello Parroquial de Cances

15/01/2026
20:00
Centro social de Cances

O Consello Parroquial de Cances celebra a súa xuntanza anual. A veciñanza presentará as súas propostas e o goberno municipal dará conta das xestións e actuacións realizadas nos últimos doce meses.

A reunión está aberta á participación de toda a veciñanza. Por parte do Concello de Carballo asistirán o alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Participación Veciñal, Ramón Varela, ademais doutros representantes dos tres grupos políticos que integran a corporación municipal.

Non hai campos definidos para este produto.