A web oficial do concello de Carballo

Xornada de formación para entidades deportivas de base

24/10/2025
16:30
Fórum Carballo

Carballo acolle o venres 24 de outubro unha xornada de formación para entidades deportivas de base organizada pola Deputación da Coruña. O programa continúa a liña iniciada polo Concello de Carballo coas xornadas celebradas no mes de xuño para que os clubs poidan seguir medrando e afrontando retos como a dixitalización, a xestión administrativa ou a mellora nos procesos de adestramento.

A sesión celebrarase no Fórum Carballo, de 16.30 a 20.00 horas, e inclúe dous relatorios: Normativa sectorial no deporte, a cargo de Miguel Juane, e Regulación emocional para adestradores/as no entorno deportivo, impartido por Manuel Isorna.

Pincha aquí para acceder ao formulario de inscrición

Non hai campos definidos para este produto.