A web oficial do concello de Carballo

Xornada de baile tradicional

13/12/2025
12:00
Pazo da Cultura

Xornada de baile tradicional | O salón de actos (2º andar) do Pazo da Cultura acolle un encontro organizado pola AGG destinado a recuperar e aprender pasos e ritmos que forman parte da memoria colectiva, favorecendo a transmisión interxeracional, e a gozar da tradición e da participación activa da comunidade. As actividades son de balde ata completar aforo, previa inscrición (con preferencia de socios e socias da AGG e asociacións locais de Carballo).

INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a <secretaria@gaiteirosgalegos.gal> indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

Programa:

12.00 – Apertura

12.15 – Obradoiro I: “Bailar a canda os tempos”.  Andar cos Tempos

13.45  – Remate sesión da mañá

16.30 – Obradoiro II: “ de Fuliada cos de Queixas”. Carlos Xosé Vidal

17.55 – Descanso

18.05- Obradoiro III – “O baile en Carantoña” (Vimianzo) -Miguel Sotelo

19.30 – Remate das xornadas

Organiza a  AGG (Asociación de baile e música de tradición galega) con financiación da área de cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Carballo.

Non hai campos definidos para este produto.