Xornada “A memoria das avoas. O legado” | Unha cita ao redor da tradición oral que organiza a AGG en homenaxe ás cantareiras protagonistas das Letras Galegas, co obxectivo de preservar e difundir a memoria colectiva que sustenta a nosa identidade cultural. A actividade, que terá lugar no 2º andar do Pazo da Cultura, é de balde ata completar aforo, previa inscrición (con preferencia de socios e socias da AGG e asociacións locais de Carballo).
INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a <secretaria@gaiteirosgalegos.gal> indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Programa:
10.20 – Apertura
10.30 – Obradoiro de canto e pandeireta ao redor do legado das Pandeireteiras de Mens. Icía Varela
12.00 – Descanso
12.15 – O relato de Eva Castiñeira. A narrativa detrás da oralidade das homenaxeadas. Branca Villares
13.45 – Xantar
16.30 – Obradoiro de canto e pandeireta ao redor do legado de Adolfina e Rosa Casás Rama”. Roberto Rodríguez
Organiza a AGG (Asociación de baile e música de tradición galega) con financiación da área de cultura da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Carballo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.