A web oficial do concello de Carballo

Volven os Ratos de Lonxedetodo para contarnos a súa “Viaxe a Sudamérica” – Sesión 18.30h

08/10/2025
18:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo acaban de volver dunha longa viaxe por Sudamérica e veñen contarnos algunhas das anécdotas máis divertidas da súa viaxe, ademais de ensinarnos cancións, contos e poesías daquel continente.

Os contos dos que partirán serán Niña bonita, de Ana María Machado, e El reino del revés, de María Elena Walsh.

PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.

INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario que aparece máis abaixo. Hai 160 prazas en total, repartidas en dúas funcións (17.30 e 18.30 – inscrición para as 17.30 aquí). As prazas asignaranse por orde de reserva, o que supón que as 80 primeiras inscricións serán para a primeira quenda, e as 80 restantes, para a segunda. Se algunha persoa precisa cancelar a asistencia debe comunicalo chamando ao 981 758 580.

IMPORTANTE: O público deberá seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Os pais/adultos acompañantes deberán cubrir tamén unha praza.

Por exemplo, se van acudir 1 adulto e 2 menores, é preciso reservar 3 prazas e cubrir en cadansúa os datos correspondentes.

Marque o número de prazas que precisa

33 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.