Os Ratos de Lonxedetodo acaban de volver dunha longa viaxe por Sudamérica e veñen contarnos algunhas das anécdotas máis divertidas da súa viaxe, ademais de ensinarnos cancións, contos e poesías daquel continente.
Os contos dos que partirán serán Niña bonita, de Ana María Machado, e El reino del revés, de María Elena Walsh.
PÚBLICO: Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante.
INSCRICIÓN: Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario que aparece máis abaixo. Hai 160 prazas en total, repartidas en dúas funcións (17.30 e 18.30 – inscrición para as 18.30 aquí). As prazas asignaranse por orde de reserva, o que supón que as 80 primeiras inscricións serán para a primeira quenda, e as 80 restantes, para a segunda. Se algunha persoa precisa cancelar a asistencia debe comunicalo chamando ao 981 758 580.
IMPORTANTE: O público deberá seguir as indicacións do persoal á hora de ocupar os asentos. Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
Por exemplo, se van acudir 1 adulto e 2 menores, é preciso reservar 3 prazas e cubrir en cadansúa os datos correspondentes.
48 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.