Volven os cursos de poda, unha actividade con moitísima demanda que se leva a cabo aproveitando a época idónea para poñer a punto as plantacións domésticas. Por quinto ano consecutivo, o Concello de Carballo e o centro especial de emprego Dixardín colaboran para seguir fomentando unha xestión axeitada dos recursos naturais.
Para intentar chegar a todos os recunchos do territorio municipal, os cursos son itinerantes. Nas catro edicións anteriores celebráronse en Verdillo, Outón-Rus, Artes, San Miguel de Vilela, Sísamo, Entrecruces, Imende (Noicela), Cances, A Brea, Ramil-Rus e Lema, e este ano levaranse a cabo segundo o seguinte calendario:
Os cursos realizaranse de 10.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas. Para inscribirse só hai que cubrir o formulario dispoñible máis abaixo.
Os cursos de poda enmárcanse no programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do noso concello. O principal obxectivo é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da nosa riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polas zonas verdes como bens comunitarios.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.