A web oficial do concello de Carballo

Volve Onda Bocata á praia de Razo

Do 25/09/2026 ata o 27/09/2026
Horario Adaptado
Praia de Razo

O festival do bocadillo gourmet volve a Razo con 11 establecementos hostaleiros, propostas elaboradas con pan de Carballo e produtos de proximidade, música e actividades para todos os públicos. Unha cita para gozar da gastronomía local e seguir dando vida á costa máis alá do verán.

A oferta desta segunda edición estará formada por once creacións diferentes:

  • Terra Bar: Terra e Fume, con base de pulled pork.
  • Pura Kixen: Kebab Galego, con lacón e toques orientais.
  • O Lambón: Porco Lambón, con touciño entrefebrado mechado.
  • Asador La Base: Boi La Base, elaborado coa súa coñecida carne de boi.
  • Mesón do Pulpo: entrepán de polbo e gambas.
  • Espazo Gastro: Furia Sando, a partir de milanesa de polbo galego.
  • AXamonería: molete artesán de rixóns.
  • Maloserá: CC Creamy Chicken, tamén con versión vegana.
  • La Fugazzeta: Estrela Celta, con xamón asado e cervexa galega.
  • Melao: Bocata Meloso, cun toque de queixo afumado galego.
  • Neira: Cacheira Smash.

O festival abrirá o venres 25 de 18.30 a 23.00 horas, continuará o sábado 26 de 12.30 a 23.00 horas e despedirase o domingo 27 de 12.30 a 17.00 horas.

Durante tres días, Razo volverá reunir gastronomía, música, paisaxe e convivencia, nunha proposta que reivindica tanto o talento da hostalería carballesa como o valor dos produtos de proximidade e dun dos espazos máis emblemáticos do municipio.

Non hai campos definidos para este produto.