No marco da exposición do XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, que pode visitarse até o 10 de maio, está prevista a celebración dunha visita guiada. O fotógrafo e ex profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña Ángel Cordero estará a disposición de quen se queira achegar o mércores 7 de maio, a partir das 19.30 horas, para descubrir as claves das obras premiadas desta edición de 2025 e tamén do resto de fotografías das mostra. A cita é de balde.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.