Logo do concerto de BAIUCA, a partir das 0.30 horas, a Praza do Concello acolle unha verbena coa orquestra Panorama City. Esta formación creada en 2025 constitúe un proxecto paralelo á icónica Orquestra Panorama, mantendo a esencia que a converteu nun referente na industria. Baixo a dirección artística de Lito Garrido e con artistas de renome, promete ofrecer un todo un espectáculo.
O escenario desprega unha impresionante exhibición técnica que inclúe equipos de son, iluminación e vídeo de última xeración. Transportada por catro remolques, esta produción mantén o nivel espectacular da súa contraparte máis grande, pero adaptado a un formato máis áxil. Con 15 artistas no escenario, Panorama City mestura caras coñecidas do mundo da música en directo con talentos emerxentes, sen perder o estilo distintivo de Panorama.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.