A web oficial do concello de Carballo

Verbena coa orquestra Os Satélites

25/06/2026
20:00
Praza do Concello

A Praza do Concello acolle unha verbena coa orquestra Os Satélites a partir das 20.00 horas. A agrupación foi fundada en 1938 na Coruña por Manuel Otero Mariñas, un dos mellores saxofonistas de Galicia, e Jaime Camino, cantante, actor e produtor de cine. A orquestra actuou tanto a nivel nacional como internacional, sendo a primeira orquestra española en realizar unha xira polas Américas coa voz do gran cantante galego Pucho Boedo.

A orquestra ten gravado14 álbums, un DVD e un documental, recibindo un disco de ouro en 1977 por un deles con Sito Sedes como cantante principal. A formación foi galardoada co Premio Martín Codax de Música en 2019 e 2014 e foi finalista en 2017, 2018 e 2025 na categoría de orquestras e música tradicional festiva de Galicia.

Non hai campos definidos para este produto.