A web oficial do concello de Carballo

Verbena coa orquestra La Última Legión

25/06/2026
23:15
Rego da Balsa

O Rego da Balsa acolle unha verbena coa orquestra La Última Legión a partir das 23.15 horas. Fundada en 2007, trátase dun proxecto musical que se atopa a cabalo entre a orquestra e a banda, ofrecendo cada noite unha animada homenaxe aos clásicos do pop-rock. Polo tanto, hai moi poucas cancións que o público non poida entoar.

“No dudaría”, “Cien Gaviotas”, “Mediterráneo”, “Ni tú ni nadie” e versións moi persoais de “María la portuguesa” e “Mi gran noche” son só algunhas das cancións que conforman o repertorio dunha banda que conta cunha montaxe escénica de estilo clásico. Unha boa opción para pasar unha noite entretida e cantar sen parar.

Non hai campos definidos para este produto.