A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Teatro: “Vitoria”

06/03/2026
21:00
Pazo da Cultura

#CCF-Venres Culturais | Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz cando interpuxo unha denuncia por  acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. Este espectáculo reconstrúe a historia que vai dende o 2017 a 2023 intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaré. Iria Pinheiro, actriz e dramaturga, presenta un espectáculo de teatro documental sobre denuncia social e vulnerabilidade coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller (8 de marzo).

  • Venres 6 de marzo
  • 21.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 5€ | 3€ prezo reducido
  • Público adulto (+ de 12 anos)
  • Duración: 75 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.