A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Teatro: “O dragón de ouro”

27/03/2026
21:00
Pazo da Cultura

#CCF-Venres Culturais | Sarabela Teatro presenta unha comedia tráxica que aborda temas tan controvertidos como a inmigración ilegal, a prostitución forzada ou as relacións humanas. Con humor fino e unindo fantasía e realidade, 5 actores interpretan 17 personajes en 48 escenas cun ritmo frenético, creando un universo fascinante no marco do restaurante O dragón de ouro. Sarabela trae por primeira vez á escena galega esta obra de Roland Schimmelpfenning, o autor alemán vivo máis representado internacionalmente. A peza recibiu catro premios María Casares e estivo en cartel varias semanas en Madrid con gran éxito de público e crítica.

  • Venres 27 de marzo
  • 21.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 7€ | 4€ prezo reducido
  • Público adulto
  • Duración: 70 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.