A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Teatro en familia: “Voa, voa!”

01/03/2026
18:00
Pazo da Cultura

#CCF-Venres Culturais | EN FAMILIA

Talía Teatro presenta en Carballo para público infantil e familiar Voa, voa! Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos  que lle propón Xoana, todos aqueles que lle ensinou a súa avóa: ditos, retrousos, xogos de man…, Voa, voa! é un espectáculo para incentivar a xogar coas pequenas rimas dos ditos populares  que  erduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un divertimento para furgar na memoria do público e recuperar e transmitir

  • Domingo 1 de marzo
  • 18.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 5€ | 3€ prezo reducido
  • Público familiar
  • Duración: 50 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.