A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Teatro en familia: “Bulebule”

29/03/2026
18:00
Pazo da Cultura

#CCF-Venres Culturais | EN FAMILIA

Candela, a quen chaman Bulebule, é unha nena que ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH). A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco e compartir aventuras co seu amigo Bruno que vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Os Náufragos Teatro caracterízase por achegar ao público temáticas sociais, con especial atención á diversidade e a promover valores como a igualdade ou o  esforzo das mulleres por derrubar barreiras, como no caso da protagonista de Bulebule.

  • Domingo 29 de marzo
  • 18.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 7€ | 4€ prezo reducido
  • Público familiar
  • Duración: 40 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.