A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Concerto: De Vacas

07/03/2026
20:00
-

#CCF-Venres Culturais | De Vacas presenta dentro da programación de Cultura con Forza o seu novo espectáculo Vacanal Sinfónica, que conmemora o seu décimo aniversario e que tamén está incluído no marco dos eventos das concellarías de Cultura e de Servizos Sociais e Igualdade para conmemorar 8M, Día das Mulleres. Inés Salvado, Paula Romero, Faia Díaz e Guillerme Fernández, acompañadas polo Coro da Rá, ofrecen unha proposta de gran formato con músicos en directo que revisa o seu repertorio nunha ópera en catro actos. Cancións, letras e vivencias desta década tan exitosa baixo unha escenografía impactante. Un concerto único con diversión, epicidade, vacanal… son as máximas para esta celebración chea de sorpresas e de colaboracións no escenario de artistas de gran renome no panorama musical galego.

Deputación da Coruña – Igualdade de Xénero

  • Sábado 7 de marzo
  • 20.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 9€ | 5€ prezo reducido
  • Público adulto
  • Duración: 90 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.