A web oficial do concello de Carballo

Venres Culturais | Concerto: Amancio Prada

08/05/2026
21:00
Pazo da Cultura

#CCF-Venres Culturais | Amancio Prada conmemora os cincuenta anos dun álbum emblemático na historia da música galega e española: Rosalía de Castro, o segundo traballo do cantautor
que traspasou fronteiras e épocas, ofrecendo ao mundo unha interpretación profunda, sentida e innovadora dos versos rosalianos. Este concerto, Voces e pegadas de Rosalía de Castro, celebra este fito artístico rescatando os poemas máis míticos da autora como Adiós ríos, adiós fontes ou Campanas de bastabales. A importante traxectoria artística do berciano Amancio Prada é internacional e ten recibido galardóns como a Medalla Castelao de Galicia ou a Medalla de Ouro  ao Mérito nas Belas Artes.

  • Venres 8 de maio
  • 21.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 9€ | 5€ prezo reducido
  • Público adulto
  • Duración: 90 minutos

 

ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello

Non hai campos definidos para este produto.