O 13 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, disputarase o VII Torneo de xadrez de Nadal Xiria Carballo, que este ano terá como sede o centro social de Verdillo. A competición está organizada polo Club Xadrez O Toque Xiria Carballo, coa colaboración do Concello de Carballo, a asociación Arume, restaurante San Lorenzo e Froitas Fondo.
O torneo será valedoiro para ELO FIDE de rápidas. Xogaranse 7 roldas con partidas de 10+3. O organización repartirá trofeos para as categorías absoluta-S18-S14-S10 e locais.
Inscricións abertas ata o venres día 12 no 617234393 ou en xadrezcarballo@gmail.com
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.