A web oficial do concello de Carballo

Teatro de Rúa: Animación con “Rogelio”

25/09/2025
19:30
Rúas de Carballo

#34 FIOT | O irreverente Rogelio, aprovisionado cos elementos máis divertidos do circo, visita Carballo para anunciar o comezo do 34 FIOT! Tropezarás polas rúas cos seus xogos improvisados construídos con malabares, maxia cómica, equilibrios imposibles, un chisco de terror terrorífico, moitas risas e mesmo escapismo. Prepárate para participar! Se non coñeces a Rogelio, vaste namorar del. Un espectáculo de asSircópatas con idea orixinal e interpretación de Dani Blanco e dirección artística de Walter Velázquez e Natalia Outeiro “Pajarito”.

  • Xoves 25 de setembro
  • 19.30 h.
  • Rúas de Carballo
  • Para todos os públicos

Non hai campos definidos para este produto.