A web oficial do concello de Carballo

Talleres de manualidades astrofísicas, con Cosmos Creativo

27/09/2026
11:00
Mercado municipal

O mercado municipal acollerá o domingo 27 de setembro dous obradoiros de manualidades astrofísicas, para descubrir o Universo coas mans e comprender algúns dos principios básicos da observación astronómica. Serán impartidos por Cosmos Creativo, unha compañía madrileña especializada en divulgación científica a través das artes escénicas.

As persoas participantes construirán instrumentos sinxelos como cuadrantes, planisferios e espectroscopios. Con eles poderán achegarse aos movementos dos astros, aprender a orientarse no ceo e descubrir a información que agocha a luz das estrelas.

A actividade combina ciencia e creación manual cunha metodoloxía accesible para aprender en familia. Ademais, cada participante poderá levar as súas creacións para a casa e continuar explorando despois do obradoiro.

Público: familiar. Os nenos/as deben ir acompañados por unha persoa adulta
Duración: cada taller durará 75 minutos, aproximadamente
Horarios de inicio: 11.00 e ás 12.45 horas
Lugar: planta alta do mercado municipal

A participación é gratuíta e require inscrición previa no formulario inferior.

Esta iniciativa forma parte da programación da Noite Europea das Persoas Investigadoras e desenvólvese en Carballo no marco do proxecto europeo TALK0, financiado pola Unión Europea.

 

 

Non hai campos definidos para este produto.