Maio é o mes das flores por excelencia e, no noso mercado, queremos que aprendas a sacarlles o máximo partido. Dentro do Plan de dinamización do mercado municipal, a florista Esther Capelet impartirá un ciclo de obradoiros para que aprendas as técnicas básicas de composición floral.
Datas: Do luns 11 ao xoves 14 de maio
Horario: 20.00 h
Lugar: Sala Cervantes
Prazas: 20 para o alumnado de MercaEscola e 20 para o público xeral
Inscricións: Xa podes reservar a túa praza no formulario inferior
Unha oportunidade única para aprender da man dunha profesional do mercado e fortalecer o vínculo co comercio de proximidade. Non quedes sen o teu oco.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.